Ana de Guía tu día, organiza visitas guiadas no concello de Viveiro

por Redacción Lugo

Nestas datas tan especiais Ana de Guía tu día organiza unhas visitas guiadas para facer en familia ou con amigos. Serán no concello de Viveiro e recorrerán o casco histórico e o belén a tamaño real «Viveiro ante o berce», considerado o máis grande de Galicia.

As visitas serán o venres 5, sábado 6  e domingo 7 de xaneiro ás 11 da mañá.
O custo da actividade é 10€ persoa, 7€ para os menores de 18 anos e gratuita ata os 8 anos.

É necesaria reserva previa, contactando no 654 99 68 57.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario