Os Bombeiros de Cee excarceran a un condutor atrapado no interior do seu vehículo

por Óscar de Souto

Os servizos de emerxencias que acudiron o punto, tras ser liberado, fixeron uso de material adecuado para evacuar o ferido, que foi derivado a unha ambulancia o centro hospitalario de referencia.

Unha persoa foi quen, as catro e media desta tarde, da aviso ó 112 Galicia. Informaba dun coche envorcado a altura do mirador de Ameixenda, na AC-550, quilómetro 6, no Concello de Cee. Tras asegurarse, o alertador, volveu a contactar co 112 Galicia para comunicar que había unha persoa debaixo do asento, que non podía sair.

De inmediato, dende o 112 Galicia amais de pasar aviso o Servizo de Urxencias Sanitarias do Galicia-061, informa os Bombeiros de Cee, a Gardia Civil de Tráfico e a efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os Bombeiros liberaron a esta persoa do interior do vehículo que foi trasladada en ambulancia polos profesionais sanitarios.

Os Bombeiros, tras finalizar a súa intervención, indicaron que o coche quedou apartado da calzada a espera da chegada dun guindastre para a súa posterior retirada.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario