Concentración do BNG de Castroverde para solicitar as ausencias de facultativos

por Redacción Lugo

O BNG convocou hoxe, martes 2 de Xaneiro, unha concentración en Castroverde pola defensa da sanidade pública da comarca. «A Xunta intenta facer en Castroverde o que xa se fixo noutros centros de atención primaria, redúcese a calidade do servizo ata pechar o centro de saúde», afirmou Carme Aira

«Na ausencia das doutoras titulares, houbo substitucións pola tarde pero a veciñanza non foi avisada, ademais, a día de hoxe non se pode coller cita ata o día 4. Ter un médico substituto pola tarde sen que ninguén o saiba é malgastar os recursos «explicou Iria Castro. Ademais temos que ter en conta que a atención pediátrica esta compartida ca Fonsagrada e cando esta facultativa colle vacacións ou baixas NUNCA se substitúe. Nestes momentos os nenos e nenas de Castroverde non teñen atención pediátrica ata o día 12.

Iria Castro tamén anunciou a presentación dunha moción no vindeiro pleno de finais de Xaneiro «onde instaremos á Xunta de Galiza a cubrir as ausencias dos médicos de familia e pediátricas», durante 2 días á semana Castroverde non ten atención pediátrica.

Iria Castro pide que as tres forzas políticas con representación no Concello » se unan para reiterar o seu firme compromiso coar sanidade para Castroverde»

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario