O PP esixe a Tomé a mellora das vías provinciais no Saviñao para garantir a seguridade dos condutores e dos usuarios do Camiño de Inverno no municipio

por Redacción Lugo

Os deputados provinciais, Antonio Ameijide, Carmen José López e Luis Fernández, visitaron O Saviñao, xunto ao seu alcalde, Carlos Armesto, e varios concelleiros do equipo de goberno e reclaman ao goberno provincial da Deputación que, ademais de sacarse fotos cos carteis da Ribeira Sacra, tamén cumpra coas competencias provinciais que danan a imaxe que levan os turistas e complican o día a día dos veciños.

  Antonio Ameijide: «É necesario, ademais de mellorar o estado da estrada que vai por Diomondi, sinalizar correctamente o risco de peóns camiñando pola vía, e, nas zonas nas que sexa posible, separar o tráfico rodado dos peregrinos en prol de garantir a seguridade»

·         A Ribeira Sacra e o Camiño son dous motores económicos importantísimos para a provincia, polo que dende a Deputación hai que coidalos e tratalos como se merecen, «non se pode poñer en risco aos peregrinos e condutores polo abandono da rede viaria provincial nin dar a nefasta imaxe que dan ao turista as estradas totalmente abandonadas da Deputación de Lugo»

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario