Pista na Campara e aparcamento en Balarés: Ponteceso en obras

por Óscar de Souto

A Deputación da Coruña adxudica por 396.800 euros as obras de construción dun aparcamento con 395 prazas na contorna da famosa praia pontecesán de Balarés, as devanditas obras teñen a intención de regular o estacionamento de vehículos, liberar o exceso de tráfico e garantir a propia seguridade dos veraneantes, esquecendo novamente as necesidades de aparcamento no centro da vila e nas parroquias, especialmente preto das iglesias, tanatorios e campos de fútbol.

Foto do proxecto do aparcadoiro xigante de Balarés

Esta obra faraónica, que comenzará, ou eso nos prometen, a principios de 2024, casualmente coincidindo coas eleccións autonómicas e as europeas, nunha parcela de máis de 30.000 metros cuadrados adquirida pola Deputación por cesión do propietario, según informan algúns medios, curiosamente bastante preto dun novo hotel de luxo. Teremos que agardar a 2027 para ver algún aparcadoiro novo para favorecer os veciños e se non atopades onde aparcar xa sabedes que Balarés será a nosa única opción para este verán.

OBRAS MIÚDAS NA CAMPARA E BRANTUAS

A pista entre Brantuas e A Campara, no lugar de Santa Cruz, xa ten o seu novo pavimento de zahorra manchada cun pouco de alquitrán.

As obras comezaron na segunda quincena de decembro e tras un investimento de 9.270,71 euros, que aínda non aclara o Concello de Ponteceso a procedencia deste investimento, o seu renovado firme xa presenta fendas visibles antes de ser estreada, á falta tamén de ser pintada e supoñemos que seguirá sen pluviais e saneamento digno. Esquecéndonos xa, por suposto, dunhas beirarrúas, de momento, agardaremos a 2027.

Os traballos consistiron na limpeza e retirada de material sobrante e nas subministracións de “zahorra” e doutro de compactado, terra solta, para a pavimentación ao longo de 120 metros de lonxitude, cunha anchura media de 3,5 metros, para que poda pasar un vehículo.

Aquí tedes algunha foto de como quedou e de como van avanzando estas obras que tanto están dando que falar. Volvo indicar a miña posición favorable a prol do novo alcalde pola súa intención de ir facendo cousas, pasiño a pasiño, a pesar da lamentable situación económica municipal e do totum revolutum no eido político. Os pés teñen que ir acanda os zapatos.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario