Ecoloxistas en Acción, Plademar Muros-Noia e a plataforma Noialimpa denuncian a inaccion da Xunta dúas semanas despois de que se detectara a vertedura de millóns de pellets de plástico frente as costas galegas. Os colectivos ecoloxistas e do mar agradecen as inúmeras persoas que ao longo da última semana se teñen achegado espontaneamente ás praias da ría de Muros e Noia e outros puntos da costa galega para recolher os plásticos e anuncian que convocarán accións coordenadas de recollida con voluntariado.
O pasado 8 de decembro o buque «Tucana», de bandeira dos Países Baixos, perdeu 6 contedores á altura de Viana do Castelo, preto xa de augas galegas. Un deses contedores, da empresa Bedeko Europe, contiña millares de sacos, de 25 kg cada un, cheos de millóns pellets de plástico, que se veñen esparcendo polas costas galegas. Estas bolas de 5 mm de diámetro utilízanse para a fabricación de todo tipo de produtos, mais o seu reducido tamaño fai que sexan moi complicada a súa recollida unha vez que se misturan coa area.
Desde os colectivos ecoloxistas e do mar advirten que a vertedura é perxudicial para os ecosistemas mariños pois os peixes, aves e crustáceos confunden os pellets con ovas de peixe e inxírenos, causando mortandade tanto pola toxicidade do plástico como por inanición, ao non poder alimentarse por ter o estómago cheo de plástico.
Ademais, os pellets non se descompoñen, senón que se van degradando pouco a pouco converténdose en microplásticos e nanoplásticos que inxiren todos os animais, acumulándose no seu tecido e introducíndose na cadea trófica, o que fai que tamén acaben consumidos polos humanos. Por iso, destancan, é tan importante actuar de xeito inmediato e efectivo para retirar a maior cantidade posible do plástico vertido.
O colectivo Noialimpa comezou a denunciar esta vertedura xa o 26 de decembro, cando comezaron a chegar os plásticos de forma masiva ás praias galegas, alzando a voz de alarma. Non obstante, os colectivos ecoloxistas e do mar denuncian o oscurantismo da Xunta, que non alertou cando tivo aviso da perda dos contedores nin activou medidas de actuación nos 18 días previos á chegada dos plásticos ás praias, tempo no que se podería ter evitado gran parte da contaminación interceptando os sacos que estaban flotando no mar antes de que romperam ao bater nas rochas, esparcendo a súa carga.
Voluntariado ambiental espontáneo e querela contra a naveira
Desde os tres colectivos agradecen aos centos de persoas que na última semana se botaram ás praias de xeito espontáneo para recolher cos seus propios medios os sacos antes da súa rotura así como os pellets xa desperdigados polos areais. Ante a ausencia absoluta da Xunta e as numerosas persoas que veñen contactando para organizarse, desde os colectivos anuncian que comezarán a realizar convocatorias para actuar nos puntos máis problemáticos.
Mesmo así, esixen á Xunta que poña os medios económicos, materiais e humanos para realizar os traballos de descontaminación, ao cargo da empresa responsable. Tamén esixen que se realice un estudo para determinar os danos ambientais causados polo vertido sobre a fauna e ecossistemas mariños así como os posibles impactos económicos, de modo a realizar as reclamacións á empresa naveira e á súa aseguradora.
Pola súa parte, Ecoloxistas en Acción anunciou que interporá ante os Xulgados de Noia querela contra a empresa neerlandesa propietaria no navío, Toucan Maritime, por un delito contra o ambiente e os recursos naturais, lembrando que os vertido se produce ademais nunha zona na que ven de ampliarse a Rede Natura 2000 pola súa importancia como corredor ecolóxico de aves. Coa acción pretenden asegurar que se cumpre a máxima de «quen contamina paga».
Hay que denunciar con datos precisos y contrastables.El Naviero si cumple todos los requisitos
su buque de seguridad no es culpable jamás.EL propietario del cargamento si cumple con
los Convenios Internacionales de la OMI y con la Normativa Europea del transporte ,tampoco y la
Xunta si no fué informada por el Gobierno Central ,no pudo activar Plan Territorial alguno y no parece
tener culpa de nada.
España debió de recibir en Madrid la información del EMSA Europeo y enviar equipos antes de
que llegasen esas bolsas a A Guarda para ayudar a Portugal y era posible «minimizar daños»
de activarse el Plan Nacional de Contingencias tan pronto en Madrid se recibió la información
adecuada del accidente (que el EMSA y Portugal es lógico que lo hayan hecho).
El producto de fabricación polaca cumple con especificaciones IMO para el transporte por mar
asi que conviene no buscar culpables ,sin datos contrastados en la documentación del buque y
de los «Conocimientos de Embarque» de la mercancía contaminante y del resto de su carga,
cuyos datos precisos conocían las autoridades de Portugal antes de acceder al buque ya que
desde el Puerto de Carga al ser despachado se hacen copias adiccionales que controla Europa .
De ser culpable el Naviero ,las Autoridades de Portugal y los inspectores del EMSA y MOU lo
desviarían a Lisboa y estaría detenido.
Europa sabe lo que hay que hacer en cuanto a poner medios humanos y económicos si procede
y la Xunta hará lo que pueda a la vista de lo que acontece, para «minimizar daños».
Pronto sabremos lo que Europa decide y veo precipitada su denuncia sin datos fiables para culpar
a nadie.
Ciertamente «quien contamina paga» pero no siempre es culpable el Armador del buque y para
culpabilizarlo hay que demostrar que incumple con sus obligaciones.
Tengan presente que el Armador tiene pruebas de su inocencia y será su Aseguradora quien se hará cargo de los
gastos en que incurra la Xunta de Galicia ,cuando los presenten y se finalicen los trabajos de limpieza.
Es bueno que observen los Convenios Internacionales relevantes en estos temas asi como el Protocolo HNS
de la OMI sobre cooperación y lucha contra la contaminación por sustancias nocivas potencialmente peligrosas de 1990
en vigor desde 1.995.o el Convenio de Paris de 1992.
Sea como sea la Empresa propietaria del Navio no está cometiendo delito alguno de otro modo su Aseguradora no
pagaría y además las Autoridades Marítimas de Portugal hubiesen ejecutado la detención del buque y saben que ha
seguido su ruta y hoy mismo está atracado en El Pireo (Grecia) trabajando con normalidad.