Isabel Faraldo (Podemos Galicia) demanda a dimisión do Conselleiro do Mar  por ocultar información sobre o vertido de microplásticos

por Redacción Galicia

A candidata a presidir a Xunta de Galicia Isabel Faraldo, esixiu a dimisión do Conselleiro do Mar Alfonso Villares Bermúdez. A candidata morada denuncia que a propia Xunta era coñecedora do vertido de pellets a dia 8 de decembro por un comunicado do Ministerio de Transportes, e non o fixo público ata case unha semana despois, a 13 de decembro. «O señor Rueda xa non ten nada que envexar ao señor Fraga e ao señor Rajoy cando nos tapaban información sobre o Prestige».

Para Faraldo o goberno popular «leva un mes ocultando información» e a situación se coñece grazas «ás denuncias de grupos ecoloxistas, grupos de mariscadoras e grupos veciñais» e as publicacións da prensa. A candidata destacou que «esta é a marca do PP en Galicia: mentiras e opacidade».

Dende a forza morada xa se refiren o vertido de plásticos como «Prestige 2.0». Faraldo tamén denunciou a «inacción» da administración autonómica á hora de limpar o vertido, que se localiza sobre todo na Ría de Muros e Noia pero que tamén comeza a chegar às praias de A Coruña. «As galegas volvemos a decir Nunca Máis», concuíu a candidata.

Comparte éste artículo
1 Comment