Hoxe, no aniversario do pasamento de Castelao, domingo e soleado, lánzanse a praia a facerse selfies cos pellets nas mans, e outros, máis preparados, van a apañar en serio os famosos plásticos brancos, que o mar botou fora.
A asociación ecoloxista Adega xa publicou hoxe o aviso de futuras convocatorias con permisos e seguro de responsabilidade civil pois debemos ter presente que tamén a lei regula estas quedadas para calquera que sexa o obxectivo das mesmas e debemos ter en conta que sempre ten que haber un colectivo, asociación ou entidade responsable das mesmas.
a
Por outro lado lembrar que descoñécense os produtos exactos que conteñen os pellets, polo que poideran ser tóxicos, feito polo que se deben usar guantes, gárdanse en bolsas especiais e, non se tiran en ningún contedor de lixo, só se almacenan. O tamizado da area ten a mesma importancia que o feito de recoller este lixo, só se debe retirar o lixo, as cunchas, algas e os materiais orgánicos da praia son fundamentais para a propia ecoloxía da mesma. Con esto veño a recalcar a ilegalidade manifesta de moitas destas convocatorias que, nalgúns casos, obedecen exclusivamente a proximidade das eleccións autonómicas en Galicia.
Sumar, sabendo que esta responsabilidade recae no propio Goberno Estatal , do que forma parte, lánzase a xuntar firmas contra a Xunta, claro, estamos en período electoral. Por outra banda o BNG, como de cote, fai campaña contra o Goberno Galego, sabendo tamén que a culpa recae en Madrid. Creo recordar que tamén agasallaron barato o seu voto a favor de Pedro Sanchez. Podemos xa «pode» cada vez menos, vai perdendo aire como un globo pinchado e pide a dimisión dun Concelleiro do Mar da Xunta, sabendo tamén que esta é responsabilidade exclusiva do Goberno de España. E o PP de Galicia, moi intelixentemente, calan, como Besteiro do Psoe, gardan a súa cómoda posición de mesura e sosiego.
E qué fai o pobo? Recoller os pellets, estaba claro. Alguén ten que arranxar o lio.