A Executiva Provincial Socialista da Coruña aprobou esta tarde a súa proposta de candidatura para as eleccións autonómicas do 18 de febreiro, liderada por Patricia Iglesias (número 1); Julio Abalde (A Coruña) no número 2; Silvia Longueira (A Coruña) no número 3, e Aitor Bouza (Santiago) no 4.
Montserrat García Chavarría (As Pontes) é a número 5; Fabián Canosa (Costa da Morte) o número 6; María Outeiral (Boiro) a número 7; o 8 Manuel Santiago Pérez (Ferrol); a 9 Rosa Arcos Caamaño (Santiago), e o 10 Enrique Astrai Otero (Interior).
A proposta debe ser ratificada mañá polo comité nacional do PSdeG e o mércores pola Comisión Federal de Listas.