A Deputación estudará liñas de colaboración con la Federación de Anpas de colexios públicos e concertados de Ourense  

por Redacción Ourense

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu ao presidente da Federación de Anpas de colexios públicos e concertados da provincia, Mario Fernández. Ademáis de ratificar a cooperación da Deputación con esta federación e os proxectos que teñen previsto desenvolver, Luis Menor confirmou que desde a institución provincial estudaranse outras liñas de colaboración coa Federación de Anpas de colexios públicos e concertados da provincia de Ourense. Menor tamén anunciou que colaborará coa celebración en Ourense da asemblea anual da Concapa, a Federación Nacional de Colexios Concertados e Privados de España, que terá lugar na provincia entre os meses de xuño e setembro deste ano.  

“Todo o que sexa axudar e fomentar a realización de actividades nos centros educativos sempre será tido en conta por parte da Deputación, e celebramos a crecente tendencia de Ourense á hora de acoller eventos de carácter nacional”, concluíu o presidente provincial, Luis Menor. 

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario