A asociación ecoloxista ADEGA convoca á poboación galega a participar en xornadas de formación para a limpeza da marea de pellets de microplástico procedentes que asola a costa galega. As saídas convocadas por ADEGA estarán orientadas especialmente a formar a persoas voluntarias que queiran exercer labores de coordinación de grupos ou colectivos que acudan aos areais para eliminar voluntariamente pellets de microplásticos, así como outro tipo de residuos que se atopan habitualmente nos nosos areais. O carácter formativo das saídas responde á necesidade de achegar ao voluntariado instrucións precisas e claras de como se debe de actuar para realizar unha limpeza adecuada do lixo mariño e, particularmente, dos pellets de microplástico que nestes días chegas ás nosas costas.
Estas accións terán lugar mañá mércores, 10 de xaneiro, en Carballo, Muros, Noia, Porto do Son e Fisterra; e o sábado, 13 de xaneiro, en diversas praias dos concellos de Noia, Porto do Son, Carballo, Cangas e Barreiros. En Porto do Son e Noia, a asociación Noia Limpa colaborará con ADEGA nas accións formativas.
Formularios de inscrición
As persoas interesadas en participar nestas accións de voluntariado formativo de ADEGA deberán inscribirse a través dos seguintes formularios:
-Mércores, 10 xaneiro: https://forms.gle/5Z3BYLi6UBkWUpKe8
-Sábado, 13 xaneiro: https://forms.gle/eDweeTrvpSV3N8rh6
Unha vez aceptadas as solicitudes, as voluntarias e voluntarios recibirán por correo electrónico información específica sobre os puntos de encontro e as praias nas que se actuará. Para futuras convocatorias, as persoas interesadas poden preinscribirse a través destroutra ligazón: https://forms.gle/eJt8qJ1Q3DFqQtCk8
Colaboración dos concellos e a USC
O persoal técnico de ADEGA que coordina estas actividades poñerá a disposición de todas as persoas participantes o material necesario para o desenvolvemento da limpeza e para manter a súa seguridade en materia de saúde. Seguindo o principio de precaución, e mentres non se faga pública a ficha técnica dos pellets vertidos ao mar, ADEGA dotará ao voluntariado de luvas homologadas para a manipulación de produtos perigosos. Neste senso, ADEGA colaborará tamén coa USC que demandou mostras dos pellets recollidos para a súa análise no laboratorio. O voluntariado contará tamén co correspondente seguro de accidentes.
ADEGA solicitará aos concellos afectados apoio para dotación do material, para a xestión da retirada dos sacos de lixo e para a formación de voluntariado, necesaria para evitar que a chegada masiva de persoas aos areais e a realización de limpezas inadecuadas que acaben xerando un impacto negativo.
Protocolo de actuación
ADEGA chama a aproveitar esta alerta medioambiental para tomar conciencia real sobre a gran problemática do lixo mariño e dos graves impactos xerados polo comercio marítimo e polo actual sistema de consumo. Con tal finalidade, dotarase ao voluntariado dun protocolo de limpeza do lixo mariño, con especificacións concretas para a retirada adecuada de pellets de microplástico das praias. Algunhas das recomendacións pasan por acudir aos areais en grupos reducidos, realizar a limpeza de pellets nas horas de baixamar, empregar luvas de seguridade e evitar achegarse ás zonas ambientalmente máis sensibles. ADEGA aconsella, igualmente, utilizar a técnica de varrido na area compactada cun cepillo para, posteriormente, metelos nuns recipientes con auga e eliminalos cun coador cunha luz de malla de entre 2 e 3 mm. Deberemos pisar o menos posible a zona a limpar, dirixindo o avance do grupo na mesma dirección. A recollida do material retirado debe facerse en bolsas específicas debidamente etiquetadas, e non mesturar os pellets con outro tipo de residuos. Pode accederse ao protocolo completo nesta ligazón: http://adega.gal/media/documentos/Protocolo_Limpeza_Pellets-1.pdf.
Evitar maquinaria pesada nas praias
Á vista de que algúns concellos afectados están a optar polo emprego de maquinaria pesada para a limpeza dos pellets, lembramos que este método, alén de ser pouco efectivo para a retirada dos microplásticos, podería agravar aínda máis a situación dos areais. Desde ADEGA instamos a que as limpezas se fagan manualmente e coordinadas por persoal formado, evitando ao máximo posible a compactación e remoción da area e respectando escrupulosamente as zonas dunares.
Antes de preparar a nadie es deseable que comprueben y soliciten a la Dirección General o al Ministerio de Transportes
la ficha técnica de los pellets (si son o no mercancía (IMDG)peligrosa documentada por la IMO y con ese dato saben el
paso siguiente a dar para ejecutar esas limpiezas.
Saben que no es un producto IMDG(«mercancía peligrosa») asi que involucrar a la Universidad en esto no viene a cuento y en la playa conlas manos y suavemente para no alterar el habitat natural ,se recogen y listo.No hace falta protección alguna en manos ni en nada (¿se ponen Vdes. protección al sacar un juguete de una caja de AMAZON con juguetes dentro?.Los pellets son prácticamente de material similar asi que alarmar innecesariamente genera una reacción contraria a Vdes. y su Organización.Sean serios que el tema lo emerita.