Alianza Verde e Podemos visitan as areas de Laxe

por Gonzalo Soto

Hoxe, 11 de xaneiro de 2024, a iso das 16:30 horas, estiveron en Laxe dous partidos políticos. Acudiu o vasco, López de Uralde, de Alianza Verde, ata a praia de Traba (na área recreativa de Mórdomo), para interesarse polo estado da costa tralo desastre producido polo verquido de pélets. Alianza Verde, representada por Juantxo, e algúns membros de Podemos. Fernando del Moral Regaldie de Podemos Laxe xunto a candidata a Xunta, Isabel Faraldo, por Podemos Galicia, entre outros membros da formación e simpatizantes e veciños.
A candidata de Podemos Galicia, Isabel Faraldo, pide de novo a dimisión de Alfonso Villares, conselleiro do Mar da Xunta de Galicia.
O líder donostiarra Juantxo, actual coordinador do partido político Alianza Verde foi Director de Greenpeace en España, organización que deixou despois dunha década na dirección para adidcarse á política, coa fundación dun partido verde denominado EQUO. Acadou sona ao ser arrestado pola policía dinamarquesa logo de irromper nunha cea de gala da monarquía daquel país, no transcurso do Cumio de Copenhaguen de 2010, para protestar contra a inoperancia dos gobernos perante o cambio climático.

Comparte éste artículo
2 Comments