O PSOE de Oleiros presentou unha solicitude para que o Concello cree un gabinete de crise, no que participe a oposición

por Redacción A Coruña

O Grupo Municipal Socialista presentou hoxe un escrito dirixido a Alcaldía de Oleiros para que, pola vía da urxencia, e ante a situación de alarma medioambiental que estamos vivindo na costa galega ca chegada as nosas praias dun vertido de pellet de plástico, se nos traslade toda a información recabada ata hoxe do problema.

Máis aló de que o alcalde critique, como estamos acostumados, ás inaccións doutras administracións, a cidadanía de Oleiros merece saber que é o que fixo, está a facer, e ten previsto facer o seu Concello, que pasos ten dado ata o de agora este Concello e cales ten previsto dar.

E dado que Oleiros é un concello cuns 27 km de costa ante esta ameaza solicitamos que de forma inmediata se constitúa un gabinete de crise no que participen todos os grupos municipais para abordar esta situación.

Asi mesmo pedimos que de forma urxente se nos informe dos seguintes puntos relevantes para entender o que está a suceder:

  • Cando notificou a Xunta este problema o Concello de Oleiros, de que forma e en que termos o fixo?
  • Cando tivo o Concello, e por que medios, constancia da problemática do vertido?
  • Relación de comunicacións cruzadas (con datas e tipo de medio, correos, teléfono,…) con outras administracións do problema do vertido.
  • Que medios leva facilitado a administración autonómica ao Concello para facer fronte a situación?
  • Que medios ten constancia o Concello que está dispoñendo a Xunta para atender ó problema na nosa costa?
  • Cal é a afectación do vertido a dia de hoxe na costa de Oleiros e que previsión fan os técnicos da posible extensión do vertido no nosa zona e da repercusión medioambiental do mesmo?
  • Coñece a Alcaldía o grado de perigosidade / toxicidade que pode chegar a ter o vertido na flora e na fauna mariña pero tamén nos humanos, ben sexa pola inxestión ou polo contacto con ese material?
  • Que medidas vai poñer en marcha o Concello, de ser estas necesarias, para informar e previr a poboación desa hipotética toxicidade de ser o caso?
  • Que medidas puxo ou vai poñer en marcha o Concello para informar e previr a poboación do estado das praias e da costa de Oleiros?
  • Con que medios técnicos e materiais conta o Concello para facerlle fronte o vertido e que estratexia ten deseñada o propio Concello para facerlle fronte o problema?
  • Que medios técnicos e materiais movilizou o Concello en relación con este vertido?
  • Que medidas puxo en marcha o Concello para limpar as praias?
  • Cal é a valoración do uso dos medios do Concello (técnicos, materiais e humanos), de ser o caso de telos empregado?

O certo é que noutros concellos hai información e areais acotados, estase a empregar a maquinaria de limpeza dos areais no verano e algún ata incluso negociou ca fletadora do contedor a indenmización para facer fronte aos gastos da limpeza das costas, polo que cómpre coñecer que pasos ten dado ata o de agora este Concello e cales ten previsto dar.

Ademais queremos ofrecer a través deste mesmo documento a nosa total colaboración para tratar de buscar solucións para este serio problema medioambiental.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario