A Tenencia de Alcaldía continúa coa presentación do Calendario de 2024 elaborado con imaxes pertencentes aos fondos do Arquivo Municipal. Este ano, baixo o título a terra entre as mans, recóllense imaxes e documentos históricos relacionados coas parroquias de Lugo.
Rubén Arroxo e Cristina López desprazáronse ata Pías para agradecer a súa participación e a de 15 parroquias máis que se implicaron na elaboración deste calendario. A concelleira de Participación afirmou que «dado o éxito de cada edición, continuaremos co proxecto para visibilizar todas as parroquias de Lugo nos vindeiros anos».
Cristina López destacou que «o noso rural e as nosas xentes son un piar básico da nosa sociedade, polo que quixemos homenaxealos dándolles o protagonismo que se merecen formando parte deste proxecto». A concelleira tamén quixo facer especial fincapé «na importante labor dos nosos devanceiros que continúa a chegar ata o presente, todo en parte grazas á información que poden proporcionar as imaxes antigas sobre a vida cotiá, as tradicións e a cultura doutras épocas».
O calendario a terra entre as mans continúa co proxecto iniciado pola área de Participación a finais do 2019. Cada ano, elaborouse un calendario amosando a riqueza das imaxes almacenadas no arquivo municipal, con diversas temáticas cada ano. Todas as persoas interesadas poden recoller o seu calendario retirarse nas oficinas da área de Participación.