152 asistentes en Palas de Rei co xeodestino e Guido Guía

por Redacción Lugo

Outro día memorable, nesta ocasión en Palas de Rei. Récord de asistentes do noso proxecto, 152, de toda Galicia e máis alá 🙂 Quinta xornada viaxeira «Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía» organizada polo GDR Comarca de Lugo e coa colaboración do Concello De Palas De Rei.

Paseo guiado  de 3 horas pola contorna de Palas, degustación de produtos locais e música tradicional 🎶 cun remate esta tarde visitando a igrexa románica de Vilar de Donas (no seu 800 aniversario) e o Castelo de Pambre (do século XIV).

Moitas grazas Apronta  polo deseño da cartelería e Lecer Audiovisual  pola reportaxe que veremos próximamente ✨

Animádevos a vir á próxima xornada, 24 de febreiro en Rábade! Inscricións (gratuítas) no correo 📧 info@comarcadelugo.gal ou no teléfono 982238000

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario