O Partido Popular entende que o Plan Paradai «é un claro exemplo da ineficacia do PSOE e o BNG na xestión de Lugo e da súa nula vontade política en rematar unha intervención transformadora dun barrio»,
- A voceira do Grupo Popular analizou, nunha reunión de traballo, coa Asociación de Gatos Roxos, Paradai e Polvorín San Xosé unha segunda adenda ao convenio entre Concello e Confederación para avanzar no Plan Paradai
- A xuizo dos populares a publicación no Boletín Oficial do Estado, o pasado 11 de xaneiro, deste añadido “para reducir o risco de inundacións do río Rato na contorna da glorieta da rúa Serra de Meira” certifica que o 2023 foi outro ano perdido por parte do goberno local para impulsar este proxecto
- Na tramitación desta obra “hai unha clara falta de xestión e ineficacia por parte do goberno local” acalrando que “tamén se falta á verdade” como se confirma nas respostas que a concelleira Paula Alvarellos deu en Comisión de Economía cando se lle pide explicación sobre “se estaban acordadas coa CHMS as aliñacións para proxectar a vía e se se lle comunicaran á Xunta”
- A resposta de que “ao momento actual, as aliñacións son as que están no PXOM, no futuro, cando se desenvolva o proxecto se determinará” indica que o goberno local non fixo os seus deberes e non entregou unha documentación importante para que a Xunta desenvolva o proxecto
- Todo apunta a que para minimizar o risco da elevación da lámina de auga e das inundacións podería reducirse a anchura da ocupación da futura rúa prevista en el PXOM e, por tanto, cambiarían as aliñacións.
CONFRONTACIÓN PERMANENTE COA XUNTA
- Os populares tamén explican que o feito de que o goberno local non ofreza os terreos que se precisan para avanzar nesta obra está ocasionando á Xunta un dano orzamentario pola imposibilidade de executar o orzamento previsto e disposto para esta actuación ano tras ano
- Lembraron como a Xunta enviaba o 23 de novembro de 2023 unha carta reclamándolle ao Concello de Lugo a documentación técnica para actualizar o proxecto para unir Serra de Meira con Adolfo Suárez.