Javier Arias visitou as dependencias da asociación de veciños cultural e deportiva de San Xoán de Tirimol, no municipio de Lugo

por Redacción Lugo

O Delegado Territorial lembrou o importante papel que xogan as asociacións veciñais, en especial nas zonas rurais, para fomentar a cohesión social e dinamizar o día a día dos cidadáns.

Nese sentido, incidiu na necesidade de que conten con lugares axeitados para desenvolver as súas actividades e animou a que sigan concorrendo á orde de axudas da Xunta para mellorar os seus locais sociais. Informou de que a convocatoria deste ano sairá publicada no DOG proximamente.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario