Bernardo Fernández. «A Conferencia Política da Coruña é unha mostra máis do compromiso con Galicia do PSOE»

por Redacción A Coruña

A Coruña foi a cidade elixida polo PSOE para a celebración da súa Conferencia Política esta fin de semana, un feito que para o secretario xeral do PSdeG Provincial da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, confirma “o compromiso da nosa organización e do seu presidente do Goberno con Galicia”.

Este compromiso “vén de manifestarse entre outras medidas na aprobación do incremento das pensións”, sinala Fernández Piñeiro, xa que “máis de 800.000 pensionistas galegos e galegas beneficiaranse desa medida, a pesar do voto en contra dos deputados galegos do Partido Popular”. 

“Sempre se presentan como defensores dos intereses desta terra, pero á hora da verdade, os feitos non acompañan ás súas verbas”, critica o socialista en referencia ao PP.

“A delegación dos socialistas da provincia na conferencia recolle o músculo que ten o partido nos concellos, con todas as alcaldías e deputacións que gobernamos en Galicia”, afirma Fernández Piñeiro. A lista de representantes provinciais inclúe diversos militantes de todas as comarcas, coa presencia de múltiples agrupacións locais.

Para o socialista, este músculo a nivel local que se amosará na conferencia é “froito do traballo incansable e do compromiso dos compañeiros e compañeiras socialistas coa súa veciñanza”.

O secretario xeral provincial puxo tamén en valor a candidatura para as eleccións autonómicas presentada na provincia, composta por “compañeiros e compañeiras históricas e tamén por novas caras que entenden que o Partido Socialista é a única opción para garantir o futuro da cidadanía galega”.

A Conferencia Política será unha ocasión para “poñer en valor o labor que este partido está facer en Galicia, e para recoñecer o que está a facer o Goberno do Estado, por exemplo coa bonificación da AP-9″, lembra Fernández Piñeiro.

“O noso candidato, José Ramón Gómez Besteiro, está a facer un traballo incansable liderando a Comisión de Transportes para conquerir ese obxectivo común de todos os galegos e galegas, a gratuidade da AP-9″, conclúe o socialista.

DELEGACIÓN A CORUÑA

FRANCISCO PÉREZ CAAMAÑO, NOIA, BARBANZA

PATRICIA LOJO NINE, A POBRA, BARBANZA

JOSE MANUEL PÉREZ ABELENDA, CORISTANCO, BERGANTIÑOS

INÉS RAMOS LÓPEZ, A LARACHA, BERGANTIÑOS

NOELIA RIVADAS LÓPEZ, ORDES, COMPOSTELA

LUIS REY VILLAVERDE, OROSO, COMPOSTELA

AITOR BOUZA MANSO, SANTIAGO, COMPOSTELA

EFREN DE LA FUENTE,  SANTIAGO, COMPOSTELA

MAYTE ARGIBAY SILVA, TEO, COMPOSTELA

GEMA FERNANDEZ CUIÑA, A CORUÑA, A CORUÑA,

GONZALO HENRIQUE CASTRO PRADO, A CORUÑA, A CORUÑA

MARÍA RIVAS LOPEZ, A CORUÑA, A CORUÑA

MARIA JOSE CEBREIRO SANTOS, A CORUÑA, A CORUÑA

EUDOXIA MARIA NEIRA FERNANDEZ, A CORUÑA, A CORUÑA

DIEGO ANTONIO TAIBO MONELOS, CULLEREDO, A CORUÑA

SOFÍA AGRAFOJO REY, OLEIROS, A CORUÑA

ALEXANDRE DOMÍNGUEZ LADO, FISTERRA, COSTA ATLÁNTICA

JULIÁN REINA VILLALÓN, FERROL, FERROLTERRA

SERGIO SAAVEDRA GUTIÉRREZ, VALDOVIÑO, FERROLTERRA

DIEGO FERNANDEZ LOPEZ, BETANZOS, MARIÑAS

MARIA BARRAL VARELA, BETANZOS, MARIÑAS

SERGIO PLATAS CASAL, PADERNE, MARIÑAS

PABLO MOREDA GIL, CEDEIRA, ORTEGAL

JUAN CAO GARCÍA, ORTIGUEIRA, ORTEGAL

SUPLENTES

MARIA JOSE CAL ÁLVAREZ  IRIXOA, MARIÑAS

AURORA MOINELO PARADELA, A CORUÑA, A CORUÑA

EDUARDO TOBA BLANCO, A CORUÑA, A CORUÑA

ELENA SARMIENTO DÍEZ, A CORUÑA, A CORUÑA

LOIS FERMIN RODRÍGUEZ VÁZQUEZ, A CORUÑA, A CORUÑA

ÁNGEL GERMADE BARROS, PADERNE, MARIÑAS

BEGOÑA CALVIÑO DORADO, BERGONDO, MARIÑAS

Comparte éste artículo
1 Comment