José Tomé Roca, que dende o primeiro momento no que saltou a posibilidade de recortes nas titulacións foi moi contundente, ratificou este martes que a institución provincial utilizará “todos os recursos ao seu alcance para impedir calquera redución na oferta formativa”, como así trasladou á USC e á Xunta, “a máxima responsable”
– No acto, celebrado no Salón de Plenos, participaron alcaldes e representantes de entidades asinantes do documento: “Un éxito de participación, que demostra o compromiso dos concellos, do tecido asociativo e do conxunto da sociedade coa defensa dos intereses xerais e co desenvolvemento social e económico da nosa provincia”
– “Estamos comprometidos co Campus por convicción e coherencia. A Deputación foi clave na súa creación e ségueo sendo na súa mellora e defensa. A nosa achega supera amplamente o millón de euros e sitúanos como a institución provincial de toda España que máis recursos económicos achega á Universidade pública”
– Os impulsores da iniciativa agradeceron o apoio do Presidente, así como de todas as entidades locais e asociativas adheridas a este movemento cívico, e valoraron a disposición do reitor da USC a manter unha reunión, mentres, lamentaron, a Xunta non contestou: “Non está, nin se lle espera”