O BNG convocou hoxe, martes 16 de Xaneiro, unha concentración en Castroverde pola defensa da sanidade pública da comarca. «A Xunta intenta facer en Castroverde o que xa se fixo noutros centros de atención primaria, redúcese a calidade do servizo ata pechar o centro de saúde», afirmou Iria Castro
«Despois da ausencia de atención sanitaria durante varios días no Nadal e despois de quedar sen pediatra ata o día 12 solicitamos que se cubran as ausencias tanto no médico de familia como na atención pediatrica » denuncia Iria Castro
Nesta concentración Iria Castro comenzose con unha recollida de sinaturas para esixir á Xunta de Galiza a restituír a atención médica completa no centro de saúde, » Unha situación insostible e que xoga coa saúde das persoas.
Esta campaña de recollida de sinaturas farémola deixando pregos polos locais da localidade así como facendo campañas informativas «As veciñas e veciños de Castroverde están demostrando que non se resignan a este deterioro da sanidade pública» conclúe Iria Castro