Falecen Don Genaro Parga e Dona Fina de Neaño, persoas moi coñecidas na comarca de Cabana de Bergantiños

por Óscar de Souto

Nestas datas recentes foron moitos e moitas os falecidos coñecidos na nosa comarca, pero hoxe faremos unha pequena homenaxe amodo de pésame colectivo mencionando a estas dúas persoas.

Don Genaro, pai do famoso cantante, actor y humorista local, coñecido por “El Parga”. Por outro lado, sorprende e entristece o recente falecemento de Dona Fina, fundadora do café bar Rellán de Neaño, tamén en Cabana de Bergantiños, que era moi apreciada e querida polos seus veciños, pois este foi o primeiro bar que se fundou en Neaño fai 44 anos.
Dende 21noticias.com o noso máis sentido pésame a familiares e amigos destas dúas familias e a todos os que perderon a algún familiar nestas datas.
.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario