José Tomé: “Rueda copia medidas para os universitarios que Besteiro impulsou como Presidente da Deputación de Lugo”

por Redacción Lugo

“Chega tarde e acórdase 30 días antes das eleccións da gratuidade das matrículas, o que nin Feijóo nin el fixeron en 15 anos e o que sempre vetaron no Parlamento de Galicia”, mentres Besteiro implantou no ano 2014 un plan de apoio ao Campus de Lugo con accións pioneiras e foi o artífice da sede da UNED en Lugo

– “É un anuncio improvisado e nada crible porque levan 15 anos de total abandono e castigo á educación pública en Galicia. A Xunta recortou 1.500 profesores só nos dous últimos cursos, pecha escolas no rural, reduce ciclos formativos, precarizou o transporte escolar e recentemente ata quixo recortar titulacións no Campus

– “Isto responde á desesperación de Rueda ante o empuxe que está demostrando Besteiro, con medidas ilusionantes, de futuro, de impulso a Galicia e que, tamén, está deixando en evidencia que a Xunta non fixo nada polos servizos públicos. A educación, a sanidade, a atención aos nosos maiores e os servizos sociais están moito peor”

– “Esta Xunta do señor Rueda chega tarde a todo. Tardou un mes en ir ás praias para preocuparse da crise ambiental dos pellets, antes de que tanto a súa Vicepresidenta, como o Conselleiro do Mar, dixeran auténticas barbaridades, e tarda 15 anos en preocuparse polos universitarios”

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario