Os populares denuncian “a discriminación de Tomé a máis da metade da provincia repartindo no 2023 a dedo 15 M€ entre os seus amiguetes”

por Redacción Lugo

Os voceiros populares condenan «este sectarismo» e reivindican «por xustiza, incrementar o Plan Único nesa mesma cantidade para que «os fondos sexan repartidos de forma equitativa e igualitaria entre todos os Concellos sen discriminar a ningún veciño da provincia»

  • Para os populares «está claro que PSOE e BNG non poden aspirar a gobernar a Xunta porque se impoñen este modelo significaría afogar á metade dos galegos como están condenando a máis da metade dos veciños da provincia con concellos gobernados por unha cor política distinta á súa: PSOE e BNG consideran que na provincia de Lugo hai veciños de primeira e outros de terceira aos que non lles dan nin auga»
  • Ameijide condenou o uso partidista dos fondos provinciais, que «a Deputación de Lugo sexa a chequera para pagar a campaña do PSdeG á Xunta, que se pague unha comisión de 700.000 € na compra dun inmoble a unha Fundación vinculada a un cargo socialista e que se dirixan millóns de euros a melloras en concellos nos que gobernan privando ao resto deses fondos»
  • O portavoz criticou que «se empregue a Deputación para controlar as familias do PSOE: tralos xogos da fame pola alcaldía de Lugo, danlle a Miguel Fernández a delegación de Vías e Obras na Deputación demostrando que Tomé é un simple títere do candidato do seu partido á Xunta que ata permite que lle quiten o seu xoguete e para contentar ao propio Tomé inclúen ao seu fillo nas listas ás autonómicas»
  • O popular incide en que «o BNG actúa de tonto útil porque representa o 23% do goberno provincial, pero só logra o 9% dos fondos repartidos en convenios con Concellos da súa cor política» e, polo tanto, «fai o mesmo que a nivel nacional, apoia un goberno do PSOE que non mira por Galicia, que nos ningunea igual que fai Sánchez»
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario