GMPP de Lugo: “Estamos comprometidos cunha política proactiva e enfocada en solucionar e mellorar a vida dos lucenses”

por Redacción Lugo

Os populares lideraron con preguntas e rogos as 3 comisións que se celebraron esta mañá no Concello de Lugo

Nas Comisións de Transición Ecolóxica e Impulso Rural, e na de  Cultura, o GMPP preguntou sobre:

  • Renovación de colectores de lixo
  • Xestión dos hortos municipais de Fontiñas
  • Tala de árbores na rúa Montevideo
  • Proposta para mellorar o servizo de recollida de lixo porta a porta
  •  Motivos polos que a  cloaca do Carme está pechada ao público

Asemesmo solicitaron accións sinxelas pero importantes que benefician tanto á zona rural como á cidade:

  • Plataforma para os colectores de lixo en SAN XOÁN DO ALTO e marquesina para agardar o bus
  •  Limpeza dun solar no barrio de A CROA, en Albeiros
  • Mellorar o mantemento no Parque Infantil do CARRIL DAS FRORES

Na Comisión de Suxestións, pediron que expliquen os motivos polos que non se actualiza a  páxina web da Praza e o Mercado Municipal. “Esiximos melloras inmediatas para que sexa de utilidade aos lucenses e comerciantes”.

“No Grupo Municipal estamos comprometidos cunha #PolíticaÚtil que atende ás peticións da veciñanza  e busca melloras reais para a cidadanía” aseguran.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario