Miles de persoas recorren Compostela en defensa do noso mar

por Redacción Galicia

Miles de persoas encheron as rúas de Santiago de Compostela «en defensa do futuro do mar» convocados por máis dun centenar de colectivos ecoloxistas e de agrupacións do sector das rías galegas tras a vertedura de pélets que afecta á costa galega. A manifestación saíu da Alameda compostelá pouco antes das 12,30 horas. Os asistentes recorieron as rúas do centro da capital galega ata concluír na Praza do Obradoiro

Rogelio Santos presidente de Plademar Muros-Noia, unha das organizacións convocantes, ha asegurado, «Seguiremos defendendo o noso mar, goberne quen goberne». Numerosos líderes políticos sumáronse á saída desta manifestación, entre eles, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón; a candidata de Sumar á presidencia da Xunta, Marta Lois; a líder de Sumar, Yolanda Díaz; o candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro.

Alfonso Rueda, cargou contra a oposición galega, con especial intensidade contra o BNG, Ana Pontón pode ser quen lle arrebate o cadeira presidencial, pero tamén contra os seus maiores socios, os socialistas á que acusou de continuar este domingo en Santiago sementando «bulos» que afectan o sector pesqueiro.

Comparte éste artículo
2 Comments