Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) sinala un empeoramento da situación no mar en toda a comunidade galega.
Este episodio adverso de nivel laranxa, afectará a partir de primeiras horas do luns ao litoral da Coruña (Noroeste, Oeste) e Lugo. A partir do mediodía a Coruña (Suroeste) e desde primeiras horas da tarde ao litoral de Pontevedra.
Recomendámosvos adoptar as medidas de auto proteccións habituais, como manterse afastado de praias, diques, ou cantís. Unha fotografía non vale unha vida, por iso hai que manterse afastados da costa.