O PP afirma que se o candidato socialista á Xunta tivese un interese real en desbloquear o Porto Seco de Monforte xa o tería feito antes dende o Goberno de Madrid

por Redacción Lugo

Katy Varela critica que o candidato á do PSdeG-PSOE «veu de paseo a Monforte» en lugar de anunciar o avance desta infraestrutura fundamental para a zona sur da provincia e que está paralizada por Adif, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Demarcación de Estradas do Estado, todos organismos dependentes do Goberno de Pedro Sánchez.

  • Katy Varela critica «a nula preocupación de Tomé» por atopar unha solución para esta infraestrutura «vital» para o desenvolvemento económico da zona sur da provincia e o acusa de «ser cómplice» do maltrato do Goberno de Pedro Sánchez a Lugo e as súas infraestruturas
  • A deputada autonómica Raquel Arias afirmou que a visita do candidato do partido socialista á presidencia da Xunta a Monforte «foi totalmente baleira» ao non amosar ningún tipo de compromiso real, «algo que puido ter feito hai moito tempo dende o Goberno de Pedro Sánchez»
Comparte éste artículo
1 Comment