O voceiro popular denuncia que o abandono ao turismo dos últimos anos realizado por PSOE e BNG vese reflectido no paulatino descenso de recursos económicos e apoio dende a Deputación, polo que «agardamos que con Fitur recapaciten e vexan a importancia deste sector na provincia» e o apoien de forma decidida «algo que non se fixo nos últimos anos»
- Antonio Ameijide reclama ao goberno provincial o correcto mantemento da rede viaria provincial, nas zonas turísticas como na Mariña, Ribeira Sacra, e en xeral nos puntos de interese da provincia, para favorecer a chegada de turistas e o seu desprazamento
- O populares recorda que con gobernos do PP á fronte da Deputación tecéronse os mimbres dun turismo de calidade a nivel provincia, con actuacións fundamentais para que a provincia tivese o atractivo suficiente para atraer visitantes, pero con PSOE e BNG o único que se fixo foi empequenecer ao sector, impedindo que seguise sendo un dos motores económicos da provincia
- Ameijide recorda que, pese a que non estamos en contra de que a Deputación adquira novos inmobles para aumentar a oferta turística provincial, o primeiro que se debería de facer é coidar os bens que xa ten en propiedade e, en segundo lugar, non pagar sobre custos, aludindo á intención do goberno de Tomé de pagar polo Castelo de Doiras un prezo catro veces superior ao de compra para dar un beneficio de 690.000€ a unha fundación controlada por un cargo do partido socialista