Besteiro celebra “ter conseguido o compromiso” de Pedro Sánchez para a inversión de 439M€ e 1.800 novos empregos en Navantia: “somos o galeguismo útil” 

por Redacción Galicia

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, celebrou “ter conseguido o compromiso” de Pedro Sánchez para a inversión de 439 millóns de euros e a creación de 1.800 empregos directos e indirectos coa creación dun novo buque do Ministerio de Defensa por parte de Navantia, co que reivindica que os socialistas galegos “somos o galeguismo útil”.

Besteiro reaccionou escasos minutos despois do anuncio realizado a mañá deste mércores polo presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, dende as instalacións de Navantia en Ferrol. Os asteleiros da cidade galega fabricarán un buque de aprovisionamento de combate para a Armada Española por encargo do Ministerio de Defensa, o que se suma aos distintos encargos, como a da construción das 5 fragatas F-110 que garanten emprego na comarca ata o 2032.

O candidato socialista lembrou que o mes pasado anunciou o corte de chapa da segunda fragata e “que virían máis boas novas”, así como que “centraría todos os meus esforzos en conseguir máis carga de traballo para Ferrol”. Recoñeceu que “foron semanas de intenso traballo” pero o resultado demostra o “galeguismo útil” do PSdeG e que están especialmente felices de ter conseguido o compromiso do Goberno de España co que “gaña Ferrolterra e gaña Galicia”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
2 Comments