A candidata á Xunta de Podemos Galicia e o voceiro estatal Pablo Fernández reuníronse co comité de empresa da fábrica.
Cervo, 24 de xaneiro de 2024. Isabel Faraldo, candidata a presidir a Xunta pola formación morada mantivo unha reunión cos traballadores da planta de Alcoa ubicada en San Cibrao, acompañada por Pablo Fernández, procurador nas Cortes de Castela e León e voceiro de Podemos. Asemade, tamén recibiron o apoio de Ximena Cheda, cabeza de lista da candidatura na provincia de Lugo. Nesta reunión estivo tamén presente
Faraldo afirmou que «non só vimos a apoiar aos traballadores de Alcoa se non tamén a comprometer medidas como xa fixemos no pasado». A candidata lembro que «xa nos custou ter a dúas deputadas imputadas», en referencia a Antón Gómez-Reino e Ángela Rodriguez «Pam», que foron imputados e exonerados en 2019 por tentar mediar entre os traballadores nunha manifestación na que as forzas policiais fixeron amago de cargar.
Isabel Faraldo puxo en valor a petición á Sociedade Española de Participacións Industriais realizada dende o Congreso dos Deputados para que a entidade pública pase a formar parte do accionariado de Alcoa «que é a solución para o sector estratéxico que representa Alcoa».
Asemade, Faraldo anunciou a presentación dunha emenda para os seguintes Orzamentos Xerais do Estado dende o Congreso para intervir á empresa, que definiu como «punteira, viable e estratéxica».