Os deputados Antonio Ameijide e Luis Fernández comprobaron o perigoso de circular polas estradas provinciais da Pobra do Brollón xunto ao voceiro popular neste municipio, Teddy López, atopando fochancas nas que cabe un vehículo e, tras falar cos veciños, coñeceron que se producen constantes accidentes.
· En agosto de 2023, dende o Grupo Provincial do PP advertiron ao PSOE e o BNG do perigo e absoluto abandono das estradas da Deputación na Pobra do Brollón, mesmo rexistrando unha iniciativa plenaria, pero neste tempo non fixeron absolutamente nada, pese a ser coñecedores dos continuos accidentes e danos materiais aos vehículos que por aquí circulan
· O popular denuncia que o presidente da Deputación «é o único responsable» no caso de que se produza algunha desgraza nas estradas provinciais debido ao nefasto estado que presentan moitas destas vías unicamente pola cabezonería e o sectarismo de Tomé a realizar o seu mantemento
· Ameijide explica que, no caso da Pobra do Brollón, hai vías nas que as fochancas son máis grandes que os propios vehículos, debido a que como non se realizou ningunha tarefa de mantemento perderon toda a capa de rodadura
aEstrada Pobra do Brollón