O PP de Foz esixe a Cajoto que pida desculpas “ao demostrarse que mentiu e non dispoñía de todos os permisos para a nova depuradora”

por Redacción Lugo

Mercedes Rodríguez explica que o convenio con Portos de Galicia que o alcalde leva hoxe ao pleno “é a proba manifesta” de que Cajoto mentiu deliberadamente xa que non contaba coas autorizacións necesarias para comezar as obras

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Foz esixen ao alcalde “que pida desculpas a todos os focenses” por mentir deliberadamente sobre os permisos da nova depuradora, xa que non dispoñía de todos os permisos necesarios.

A concelleira popular, Mercedes Rodríguez, afirma que o convenio con Portos de Galicia que o alcalde somete hoxe á aprobación do pleno “demóstrase que mentiu” porque este convenio é fundamental para que este organismo “autorice o paso das diferentes instalacións e equipamentos da depuradora do municipio, como poden ser colectores ou o pozo de tormenta”.

Mercedes Rodríguez afirma que por este motivo “Cajoto debería pedir perdón a todos os veciños de Foz e tamén ao deputado autonómico José Manuel Balseiro”. “Demóstrase que o alcalde non dispoñía dos permisos polo que o único que lle podía aclarar ao señor Balseiro é que efectivamente non tiña todos os permisos necesarios”, afirma. 

Dende o PP de Foz recordan que a nova depuradora é unha actuación que acadou o Concello de Foz cun alcalde do Partido Popular á fronte e que ten un custo de 12M€, sufragados na súa totalidade pola Xunta de Galicia.

Esta obra sempre a tentou “torpedear” o señor Cajoto, primeiro amosándose en contra da súa localización (entre Forxán e Fazouro) e tentando ampliar a depuradora actual, en contra do interese xeral dos veciños e das asociacións que piden retirala do entorno do porto.

Foto portada: Elisardojm

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario