Olalla Rodil anuncia unha lei de protección do pequeno comercio se o BNG goberna a Xunta

por Redacción Galicia

Rodil: “Trátase dunha aposta firme polas pequenas tendas que dan vida ás nosas vilas e barrios

A cabeza de lista do BNG por Lugo, Olalla Rodil presentou as medidas coas que o BNG defenderá ao pequeno comercio desde o goberno da Xunta de Galiza a partir do 18 de febreiro. Rodil afirmou que «desde o BNG defenderemos con estas medidas ás e aos pequenos comerciantes, comercios que manteñen vivas as nosas vilas e os nosos barrios».

A candidata do BNG anunciou que se impulsará unha lei de protección do comercio galego e de proximidade que garanta a continuidade destas pequenas empresas. «Trátase de medidas que apoien aos nosos comercios e aos productos de proximidade, apoiando tamén ás pequenas e medianas productoras de Galiza», explicou Olalla Rodil.

As consecuencias das sucesivas crises económicas, a perda de capacidade adquisitiva das maiorías sociais, o avance do comercio electrónico ou a proliferación de grandes superficies comerciais supuxeron nos últimos anos grandes problemas para o desenvolvemento do comercio local.

Nos últimos 15 anos 1 de cada 4 pequenos comercios pecharon as súas portas como consecuencia das dificultades que atravesa o sector. «Para frear esta perda de negocios do tecido comercial galego son precisas medidas decididas que apoien e impulsen ao comercio local; pola súa potencialidade para dinamizar a economía e polo seu papel como xerador de emprego», afirmou a candidata do BNG, que engadiu «precisamos poñer en valor produción propia, apostando por un consumo sostible e polo seu papel fundamental para a cohesión e dinamización das nosos pobos e cidades, configurando o espazo urbano e dotándoo dun carácter único, facilitando que as rúas e prazas sexan lugares de encontro das veciñas e veciños».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario