PP Lugo: “En menos de 24 horas o BNG cambia de postura sobre as limitacións de condicións para as contratacións das festas de parroquias e barrios”

por Redacción Lugo

Primeiro negan cambio de criterios e hoxe din que o fixeron porque sospeitan de irregularidades

·        Os populares preguntan se esa desconfianza vén polos pagos de 800.000€ a unha empresa vinculada ao BNG cuxa última operación aprobada por eles foi contratar o escenario do San Froilán in extremis deixando fóra a licitadores lucenses

·     O BNG primeiro negou que cambiase os criterios para conceder axudas para ás contratacións das festas das parroquias e barrios

·        Agora os nacionalistas veñen de xustificar este xiro significativo das condicións para que as comisións de festas reciban achegas económicas  en que teñen sospeitas de irregulariedades.

·        Os populares entenden que Maite Ferreiro se refire a empresas das habituais que contrata a área de cultura e poñen riba da mesa os pagos realizados en catro anos a Nalgures. Esta firma, cunha relación familiar directa cunha persoa que foi un cargo do BNG, ingresou en caixa case 800.000€ en catro anos 

·        Os populares engaden que a última operación que se fixo con esta firma foi a de contratala in extremis para a montaxe dun escenario do San Froilán deixando fóra a outros licitadores lucenses.

·        En conclusión, resulta insultante que o BNG intente xustificar a toma dunha decisión autoritaria e sectaria para limitar as axudas ás contratacións das festas en Lugo poñendo en cuestión os 350 € que reciben os dúos.

·        Os populares conclúen con que «a xestión do diñeiro público  é responsabilidade do goberno local e instan a que aborden esta situación con transparencia e equidade». 

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario