A Deputación financia con 900.000 euros os servizos de limpeza de praias en 41 concellos coruñeses

por Redacción A Coruña

Xunto co programa de contratación de socorristas, supón a creación duns 300 empregos durante a temporada estival

A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a concesión provisional do programa de limpeza de praias 2024, a través do cal financia con 900.000 euros este servizo en 41 municipios costeiros da provincia.

A finalidade do programa é apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas que se encargarán da limpeza dos areais da provincia durante os meses de verán, así como da adquisición do material necesario, coma o vestiario ou o combustible.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou a importancia deste programa, «que contribúe a que as praias da  provincia da Coruña estean en condicións óptimas durante o verán e impulsa tamén a creación de emprego»

Con cargo deste programa e do de contratación de socorristas en piscinas municipais e praias fluviais, os concellos contratan cada verán a preto de 300 persoas.

Axudas de entre 6.768 e 31.197 euros

A subvención para a creación destas brigadas de limpeza ten unha duración máxima de tres meses, que deberán estar comprendidos entre o 1 de abril e o 31 de outubro de 2023. O importe máximo concedido ascende a 31.197 euros (Ferrol e Carballo)  euros e o mínimo a 6.768 euros (Outes, Neda e Corcubión)

A Deputación aplica criterios obxectivos para a baremación das solicitudes, en función da superficie total das praias existentes en cada termo municipal, segundo os datos facilitados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e a poboación oficial do concello, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).

SOLICITUDES CONCEDIDAS PROVISIONALMENTE

SolicitudesImporte subvención
CONCELLO DA CORUÑA24.957,83€
CONCELLO DA LARACHA23.709,94€
CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL23.397,97€
CONCELLO DE ARES24.957,83€
CONCELLO DE ARTEIXO22.494,50€
CONCELLO DE BERGONDO23.397,97€
CONCELLO DE BOIRO25.581,78€
CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS16.868,66€
CONCELLO DE CABANAS23.086,00€
CONCELLO DE CAMARIÑAS26.517,70€
CONCELLO DE CARBALLO31.197,29€
CONCELLO DE CARIÑO17.055,26€
CONCELLO DE CARNOTA29.325,46€
CONCELLO DE CEDEIRA11.406,19€
CONCELLO DE CEE21.838,11€
CONCELLO DE CORCUBION6.768,00€
CONCELLO DE DUMBRIA19.654,29€
CONCELLO DE FENE8.308,69€
CONCELLO DE FERROL31.197,29€
CONCELLO DE FISTERRA26.205,73€
CONCELLO DE LAXE26.205,73€
CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS12.319,96€
CONCELLO DE MAÑON23.639,38€
CONCELLO DE MIÑO24.957,83€
CONCELLO DE MUGARDOS20.278,24€
CONCELLO DE MUROS24.957,83€
CONCELLO DE MUXIA19.360,02€
CONCELLO DE NARON21.838,11€
CONCELLO DE NEDA6.768,00€
CONCELLO DE NOIA19.688,66€
CONCELLO DE OLEIROS28.077,56€
CONCELLO DE ORTIGUEIRA25.991,64€
CONCELLO DE OUTES6.768,00€
CONCELLO DE PADERNE18.094,43€
CONCELLO DE PONTECESO29.637,43€
CONCELLO DE PONTEDEUME20.278,24€
CONCELLO DE PORTO DO SON29.637,43€
CONCELLO DE RIANXO22.150,08€
CONCELLO DE RIBEIRA27.765,59€
CONCELLO DE SADA24.021,92€
CONCELLO DE VALDOVIÑO29.637,43€

Importe total concedido:  900.000 EUROS

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario