Ameijide: «Damos a Tomé unha oportunidade para frear o pelotazo inmobiliario do PSOE no Castelo de Doiras»

por Redacción Lugo

Os deputados populares defenderán no pleno unha iniciativa para que o goberno provincial revise o prezo de adquisición do Castelo de Doiras que figura no convenio e que pretende financiar con recursos públicos de tódolos lucenses xa que pretenden encubrir unha ganancia patrimonial de 690.000€ para unha Fundación controlada por un alto cargo do partido socialista.

·        Antonio Ameijide afirma que «é a primeira e única oportunidade» que ten o presidente da Deputación para «recapacitar e paralizar» este pelotazo inmobiliario de PSOE e BNG, para dar a unha fundación, controlada por un cargo socialista, un beneficio que multiplica por catro o prezo de compra deste inmoble

·        No Grupo Provincial Popular explican que «fiscalizaremos» ata a última  coma de cada documento desta operación inmobiliaria xestada en cinco semanas polo PSOE e o BNG advertindo a Tomé de que «chegaremos ata o final para garantir que o goberno da Deputación non emprega os fondos de todos os lucenses como chequera para pagar as campañas políticas nin os favores dentro destes partidos»

·        Os populares afirman que PSOE e BNG teñen que explicar como se xestiona en cinco semanas esta operación inmobiliaria «sen sequera entrar dentro do inmoble» corrixindo ademais a primeira taxación e recoñecendo que este tipo de inmobles non teñen demanda nin se revalorizan: «Como poden explicar esta revalorización de 690.000€ con respecto ao prezo de compra que pagou a Fundación no seu día?»

Comparte éste artículo
2 Comments