A exhibición do Concello de Lugo tivo lugar hoxe no espazo de Galiza da Feira Internacional de Turismo
A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, asistiu esta mañá á Feira Internacional de Turismo Fitur, onde Lugo amosou os seus encantos e a súa privilexiada ubicación, a través da campaña Lugo km100. Maite Ferreiro explicou que «o obxectivo deste ano non é novo, continuamos ensinando ao mundo a nosa riqueza cultural e patrimonial, o nosa hospitalidade e os nosos atractivos únicos que fan de Lugo un destino inesquecible para aquelas persoas que nos visitan«. A concelleira de Turismo afirmou na presentación que «os datos están xa a demostrar que esta campaña está dando os seus froitos, e Lugo estase a posicionar como un punto importante no turismo tanto polo patrimonio co que contamos como pola proximidade co resto de Galiza».
Ferreiro insistiu en que Lugo pode ser o epicentro dunha experiencia maior, dunha viaxe e inmersión na Galiza para coñecela a fondo. «Temos a sorte de estar situados a menos de 100 km de lugares emblemáticos e representativos da nosa terra, polo que podemos ser a base de operacións para o desembarco na Galiza, para vivila enteira», explicou Ferreiro, «Lugo Km100 é o comezo da viaxe, é o punto onde todo comeza e o fío que une un sinfín de experiencias». A concelleira deixou claro que se está a afondar nesa idea porque funciona e os datos así o demostran, «pero sempre a través dun turismo de cercanía, responsable e de calidade».
Para Maite Ferreiro «o máis difícil está feito», xa que Lugo xa non é ese gran descoñecido, «Lugo xa está na boca e mente de cada vez máis xente, e aqueles que nos visitan, non nos esquecen». «Pero hai que seguir camiñando cara o obxectivo, facer da nosa cidade un lugar ao que querer acudir para descubrir os seus tesouros», insistiu a concelleira de Cultura e Turismo,
«Agardamos a todo o mundo cos brazos abertos e un sorriso, e animámosvos a coñecer o Lugo cheo de vida, moderno, afable, cómodo e acolledor que agarda por todas as persoas que nos visitan», afirmou Maite Ferreiro durante a presentación, e engadiu «tratarémosvos da mellor das maneiras e acompañarémosvos mentres descubrides Galiza».
Algun día ,si se hacen y modernizan las comunicaciones pendientes podría ser cierto.Se equivoca Maite Ferrreiro si
cree que «o mais dificil está feito».
Tendría razón si queremos volver a la época de los Romanos pero en pleno siglo 21 hay zonas en Marruecos con
mejores comunicaciones y accesos que Lugo.Sin buenas autovías y vias de trenes ,salvo los peregrinos del Camino de
Santiago ,pocos más «turistas» pueden considerar a Lugo como un centro para desplazarse por Galicia.
«Abra sus brazos y sonría «pero puede esperar sentada porque la época de viajar en mulas y carretas ,pasó a la historia
y Lugo vive anclado en el pasado.
Observe la diferencia que hay en el transporte a Santiago de los autobuses de Freire de los años 50/60 (paraban en todas las localidades,divididos en tres zonas acristaladas (los de primera al lado del conductor y en algunos casos los de tercera iban por la escalera exterior en el techo del bus ) y los de ahora de Mombus y comprenderá mejor que Lugo «está parado en el tiempo».