O PP critica que por segunda vez, nos orzamentos de 2024, o goberno local nega fondos para a Protectora

por Redacción Lugo

Os populares demandan que o compromiso adquirido en 2019 para mellorar as instalacións siga sendo papel mollado “unha vez máis enganan á veciñanza e desprezan as súas peticións” e esixen “responsabilidades por incumprir a palabra dada

• O goberno local desestima as CINCO alegacións que presentaron aos orzamentos de 2024 entidades como a Protectora, a Asociación de empresarios do CEAO-As Gándaras, a Xunta de persoal do Concello de Lugo e o sindicato de empregados públicos AFI-USO e tamén outra dunha particular para mellorar a situación da protectora.

• Para os populares a decisión de rexeitar estas alegacións é un reflexo “dunha forma de gobernar autoritaria e de espaldas á cidadanía” tal e como se reflicte no descontento e na frustación que hai en diferentes sectores e colectivos da cidade porque a administración máis cercana non ten en conta as súas necesidades

• Para os populares resulta contraditorio que PSOE e BNG presuman duns orzamentos que son da veciñanza e expansivos cando a realidade é non se deu participación algunha nin se atenderon as demandas de colectivos importantes nin cando estaban elaborando os orzamentos, nin cando presentaron as alegacións para chegar a consensos

• “Non se reuniron coa Sociedad Protectora de Animais e Plantas de Lugo, que realiza un labor imprescindible de concienciación social, ademáis de contar cun gran número de socios e voluntarios; tampouco mantiveron contacto cunha das asociaicóns máis importantes do tecido empresarial lucense, nin cos representantes dos traballadores municipais.

• Carballas lembrou que o PP tamén presentou 10 propostas entre as que figuraba a da construción dunha nova Protectora de Animais e Plantas cos cas 774.000€ que destina a hortos ecolóxicos comunitarios, ou outra para a renovación do abastecemento do polígono do CEAO, entre outras. Estas achegas foron rexeitadas tamén.

• Os lucenses non entenden o empeño do goberno local en construír edificios como o impulso verde, que non se sabe para que se vai destinar, unha caldas que non teñen usuarios, un carril bici que non se utiliza ou hortos ecolóxicos VIP mentres que deixan de lado outros asuntos prioritarios

• Os populares concluían indicando que PSOE e BNG “fixeron unhas contas pensadas para consolidar o seu pacto de goberno en vez de atender ás necesidades da veciñanza”

Comparte éste artículo
1 Comment