Despois dunha década de desgoberno municipal parece que o novo bipartito PP-PG vaise poñendo de acordo coas oposicións para intentar poñer solucións os eternos problemas da vila pondaliana.
Moción sobre a contaminación acústica nocturna e a seguridade vial.
Unha das mocións que presentou no pleno do mércores 24 de xaneiro o BNG de Ponteceso solicita ao goberno municipal que tome as medidas precisas para rematar co problema de contaminación acústica nocturna que sofren as veciñas e os veciños da zona urbana de Ponteceso e de A Trabe , o centro está dividido polas parroquias de Cospindo e Tella, e acontece que durante as fins de semana do inverno, debido a ruídos a deshoras derivados do ocio nocturno, como así manifestan algunhas persoas do vecindario.
Así tamén solicitan que se pida maior control vial para evitar o ruído e o perigo para a seguridade cidadá que supoñen as carreiras de coches e motocicletas que veñen acontecendo nas noites das fins de semana en pleno centro sen que ninguén poida poñer solución a este problema que pode acabar nunha desgracia grave.
Esta moción foi aprobada por unanimidade dos partidos asistentes ao pleno: BNG, APIN, PSOE, AxP e PP. Máis o BNG manifesta certas dúbidas co resultado desta moción: “Veremos se foi un voto comprometido do PP ou como no resto dos plenos votan que si para ignorar despois os acordos.”
Motofesta e carreiras xa convocadas por wasap
Membros da organización motera “o pub da roda queimada” xa convocaron no día de hoxe mediante grupos de wasap unha nova quedada para festexar o acordo acadado no pleno do Consistorio Municipal e despois das 00:00 horas deste sábado 27 de xaneiro farán xa algunhas carreiras e acelerarán motores no punto de sempre ao longo da noite coa traca final na madrugada como veñen facendo tódolos fins de semana. Con poucos efectivos da benemérita, por momentos oito axentes para dez concellos, pouco ou nada se vai poder facer na práctica para darlle unha solución radical a este problema aínda que, por fin, se pon sobre a mesa e se fala do malestar veciñal. As cousas de palacio….van despacio. E rápido, moi rápido, van ir de noite este sábado….a toda pastilla.