Alvixe amosou as propostas sobre igualdade e loita contra a violencia de xénero das formacións que concorren ás eleccións autonómicas

por Redacción Galicia

Asociación Alvixe, de Loita contra a Violencia de Xénero, celebrou este xoves o seu debate electoral para dar coñecer as propostas pola igualdade dos partidos que optan gobernar nas próximas eleccións autonómicas, ante o compromiso firme de dar voz ao feminismo e á loita contra o machismo e a favor da igualdade.

No Ateneo Ferrolán a ciudadanía puido coñecer de primeira man as propostas incluidas nos programas electorais do BNG, PSdeG-PSOE, Sumar e Podemos. O Partido Popular rexeitou asistir.

Polo BNG participou Paula González Grueiro, polo PSdeG-PSOE Silvia Longueira, por SUMAR Teresa Vázquez e por Podemos, Elena Pernas Ciudad.

No debate houbo coincidencias en propostas como a reforma do funcionamento dos CIM (Centros de Atención á Muller), na súa financiación e ante a necesidade de incrementar a súa distribución territorial.

Dende o BNG propúxose a inclusión de Cláusulas Sociais en materia de Igualdade en contratación públicas ou subvencións; o PSdeG-PSOE reivindicou a necesidade de que a Xunta de Galicia execute as partidas económicas derivadas do Goberno en materia de igualdade; Sumar puxo en valor as melloras laboráis implantadas dende o Ministerio de Traballo, encaminadas á mellora da situación laboral das mulleres e Podemos reivindicou as medidas impulsados dende a súa formación no Ministerio del Igualdade.

Alvixe agradeceu a presenza das e dos asistentes e a colaboración dos partidos políticos presentes nun debate que serviu para achegar á cidadanía os programas, as ideas e as propostas políticas en materia de Igualdade e dereitos das mulleres.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario