Os xenerais da Ulla’ de Bama, no Concello de Touro, serán os protagonistas o vindeiro domingo día 4 no campo da festa das batallas dialécticas por parellas, que como cada ano fan un repaso da actualidade máis notoria, é a primeira cita que teñen no concello con gran tradición destas festas denden hai décadas.
A Parranda percorrerá todos os recunchos da parroquia acomapañada dos Xenerais que visitarán casa por casa a toda a veciñanza para cantarlles unhas pezas tradicionais e dar as tradicionais vivas ás familias que sempre teñen doces agasallos cos que facer este itinerario máis levadeiro todo o día ata a hora dos atranques e concurso de disfraces que se fai pola tarde, nos que tamen terán a oportunidade de realizar un repaso a temas de actualidade máis cercanos as Velladas e o Frade, figuras xa fixas nesta festa.
Este Entroido conta tamén con sorteos e concurso de disfraces que terá premios en metálico para os disfraces máis orixinais, primando a elaboración propia e a imaxinación.
Cultura, tradición, diversión e bo humor teñen unha cita para todas as idades nesta parroquia.