Tal día coma hoxe un 27 de xaneiro, fai 88 anos nacía Manfred Gnädinger, coñecido como Man ou “O alemán de Camelle”, e nace en Radolfzell, concretamente Radolfzell am Bodensee é unha cidade de Alemania localizada na punta oeste do fermoso lago Constanza (en alemán Bodensee), a uns 18 km ó noroeste da cidade de Konstanz.
Hoxe atopamos este agasallo da marea, un globo sonda con datos e información en inglés, estaba envolto en redes e cordeis
E foi un 27 de xaneiro do ano 1936 o día que nace o home, Man, e finou de tristeza en Camelle naquel ano maldito do Prestige, o 28 de decembro de 2002, aquel día morre o home e nace a lenda, foi un pintor e escultor ermitán de nacionalidade alemá que viviu durante corenta anos na praia de Camelle (Camariñas, na costa da Morte). Tratou de levar unha vida o máis sinxela e máis natural posible, creando unha peculiar paisaxe de pedra preto da praia onde vivía e coidando o seu pequeño xardín de rolos na beiramar costamorteña.
Nun nicho prestado ou cedido os veciños de Camelle e doutras localidades limítrofes despedion con fondo pesar a un amigo, a outro veciño máis que hoxe é un símbolo, o símbolo da defensa do mar e da natureza, a consagración do home fusionándose co medio natural e amando profundamente o seu pequeno recuncho no planeta.
Man era un pensador canso da velocidade do mundo, do artificial e na súa petegrinaxe pola Terra atopou o seu lugar preferido no fin da terra, en Camelle, onde foi feliz a súa maneira ata que un mar de petroleo o matou de pena, deixou de comer, deixou de querer vivir o ver todo aquel mar vestido de negro.
A nosa homenaxe de hoxe para este símbolo da Costa Galega. Man, vai por ti, amigo.