Luís Gonçales Blasco presenta este sábado, 3 de febreiro, na Casa de Curros de Celanova (11,30 horas) o seu último enasaio, Celso Emilio Ferreiro, nacionalista galego, editado por Xerais. O autor estará acompañado por Xabier Ferreiro, fillo de Celso Emilio. Haberá un coloquio e sinatura de exemplares.
«Ás veces, hai xente que se estraña ao saber que aos dezasete anos Ferreiro xa daba discursos galeguistas. Non é de estrañar sabendo que na súa casa había libros galegos: seu pai fora das Irmandades da Fala e amigo de Porteiro Garea; as súas visitas a Ourense e o trato cos galeguistas da cidade incrementou a súa tendencia», conta Gonçales Blasco, que coñeceu e militou políticamente co Celso Emilio.
O acto está organizado polo Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova, e completa a primeira queda de conferencias para a reivindicación e actualización dos perfís políticos de tras figuras históricas da vila, após das presentacións de Xosé Estevez sobre Xosé Velo (2021) e o propio Estévez xunto a Uxío-Breogán Diéguez sobre Velo o pasado verán, e a de Xurxo Martínez sobre Luís Soto en Vilanova no 2021.
Acto: Presentación do ensaio Celso Emilio Ferreiro, nacionalista galego (Xerais, 2023), nun coloquio co autor, Luís Gonçales, e con Xabier Ferreiro.
Día: Sábado, 3 de febreiro.
Hora: 11.30 horas.
Lugar: Casa de Curros, Celanova.
Coa colaboración da Fundación Celso Emilio Ferreiro e da Fundación Curros Enríquez.