Dende o vindeiro xoves, 1 de febreiro, o Museo do Pobo Galego acolle a mostra “Mulleres Maya Mam: nutrindo raíces, transformando vidas”. Un percorrido polos rostros das mulleres mayas guatemaltecas ás que a organización Educo e Tierra Nueva están a acompañar para a mellora das súas condicións de vida.
O 90% da poboación indíxena en Guatemala vive entre o analfabetismo, a desnutrición e a pobreza, e sitúanse en zonas rurais onde o illamento condiciona o seu día a día e limita o seu desenvolvemento. Grazas ao apoio da Subdirección de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia, desenvolvese un proxecto de fortalecemento de capacidades de incidencia política e xeración de alternativas produtivas.
A través da formación e apoio no uso e control dos recursos familiares e comunitarios para a produción, consumo e comercialización de alimentos e cun claro compoñente de xénero búscase empoderar a muller indíxena para facela partícipe e protagonista do seu desenvolvemento.