O 3 de febreiro comeza a nova Temporada da Imagine Jazz Orchestra cunha audición de novos candidatos dirixida por Joan Chamorro

por Redacción Galicia

Que celebramos? Unha audición na que se conformarán os integrantes da Temporada 2024 da Imagine Jazz Orchestra dirixida por Joan Chamorro.

Por que o celebramos? A Fundación Mayeusis leva máis de dous anos apostando polo proxecto da Imagine Jazz Orchestra e comezamos un novo ciclo con esta audición.

Candoocelebramos?O sábado 3 de febreiro.

Ondeocelebramos?Nas instalacións da Fundación Mayeusis, na rúa Areal 138, Vigo.

Como o celebramos? Cunha audición dirixida por Joan Chamorro na que se buscan novos membros da IJO e consolidar ós xa integrantes.

A quen vai dirixido? A todo músico entre 7 e 18 anos que desexe formar parte da Imagine Jazz Orchestra.

Como se inscriben os participantes na Audición? Enviando o seu nome e apelidos, idade, instrumento, nivel de estudos musicais, teléfono e correo electrónico a infoijo@mayeusis.com (Os menores de idade teñen que enviar tamén os datos da súa nai, pai ou titor). Os maiores de 18 tamén poden escribinos para coñecer como poderían participar na Temporada 2024 da IJO.

Se os interesados teñen calquera dúbida poden pórse en contacto co Conservatorio Mayeusis de Vigo no teléfono 986221422 ou na dirección Rúa Areal 118.

Quenoorganiza?A Fundación Mayeusis.

DATOSDOEVENTO

Evento:Audición para membros da Imagine Jazz Orchestra na Temporada 2024.

Lugar:Fundación Mayeusis, rúa Areal 138, Vigo.

Día: Sábado 3 de febreiro.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario