PP Lugo: «PSOE e BNG na Deputación teñen paralizado e secuestrado o polígono de Cospeito dende hai 17 anos»

por Redacción Lugo

Antonio Ameijide e Armando Castosa mantiveron hoxe unha xuntanza con empresarios de Cospeito para esixir de forma conxunta a posta en marcha do polígono industrial do municipio logo de que case unha decena de empresarios leven 6 anos cos seus cartos secuestrados en concepto de reserva por unhas parcelas que non teñen

  • O alcalde de Cospeito e deputado provincial leva máis de dous anos agardando por unha xuntanza con José Tomé ou a convocatoria da comisión de seguimento do convenio para que a Deputación Provincial explique por que non se pon a disposición o polígono ao concello e as parcelas aos empresarios
  • Armando Castosa ofrece a máxima colaboración e lealdade institucional e indica que se a Deputación de Lugo é incapaz de desbloquear a posta en marcha do polígono «eu comprométome a dar o impulso necesario e o financiamento oportuno onde sexa necesario para garantir a posta en marcha do polígono»
  • Antonio Ameijide afirma que Cospeito ten o polígono paralizado dende hai 17 anos por culpa do PSOE e o BNG e «non podemos admitir leccións nin promesas do candidato á Xunta do partido socialista nin do presidente da Deputación cando levan 17 anos boicoteando o polígono industrial de Cospeito e moitos outros ao longo da provincia»
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario