Terá lugar este sábado
A deportista pontevedresa participa na categoría de -62 kg, na que ten un total de 10 deportistas inscritas, de 9 países. Este torneo internacional é un dos mais duros do calendario B, da Federación internacional, tendo unha gran tradición polo número de edicións disputadas.
Lydia Pérez, será a única deportista Galega, presente en esta competición. Acude acompañada polo técnico Pablo García García, que traballa no club de Loita Pontevedra, colaborando de xeito directo con Marcos Miragaya.
Esta competición dispútase unha semana antes dos campionatos de Europa absolutos que terán lugar en Bucarest (Rumanía), do 11 o 18 de Febreiro.
A deportistas pontevedresa sempre adoeceu de máis competicións internacionais, e esta competición é unha aposta por que teña mais combates seguidos e gañe confianza, de cara a súa participación na cita continental.