Comezo da tempada dos campionatos Autonómicos de este ano 2024
O pavillón do CGTD de Pontevedra acollerá os campionatos Galegos de:
- U20 e U15 de Loitas Olímpicas: competición de 10:00 a 13:00 horas.
- Absoluto e U20 de Grappling-Gi: competición de 16:30 a 20:00 horas.
Preto de 300 deportistas teñen unha cita deportiva de primeiro nivel, como proceso selectivo para participar nos campionatos de España das diferentes disciplinas deportivas.
Estes campionatos Galegos, reunirán os 27 Clubs Galegos, con maior tradición deportiva, en dúas competicións que definiran os deportistas Galegos que representarán a nosa comunidade nos vindeiros campionatos de España de:
- Grappling e Grappling-Gi: do 23 ó 25 de Febreiro en Gijón.
- Loitas Olímpicas: do 15 ó 17 de Marzo en León.
A competición terá lugar sobre 3 tapices oficiais de Loita, destacando a presenza de mulleres tanto en Loitas Olímpicas como na modalidade de Grappling-Gi.
O Colexio Galego de Árbitros, dirixirá ambas competicións. Destaca o traballo do Colexio de árbitros, nos últimos ascensos de categoría nacional, sendo Galicia un referente en canto o número e calidade dos colexiados. Destaca a presenza de colexiadas femininas Galegas no ámbito nacional e internacional, cos ascensos de Verónica Pérez, Nerea Vila, Cristina Rodríguez e Aimara Osco.