PP Samos: “A alcaldesa e o goberno bipartito endebedan en oito meses ao Concello de Samos en 150.000 euros”

por Redacción Lugo

O voceiro do PP de Samos, Miguel Gallego, advirte que “a alcaldesa publicou un bulo para tapar a súa ruinosa xestión á fronte do Concello”.

“Non pode negar, como o está a intentar facer, que cando colleu o Concello había máis de 1 millóns de euros de remanente tal e como leu a secretaria no arqueo de toma de posesión ante a presenza de moitos dos veciños de Samos”, explica.

O popular explica que “a pesar de coller un Concello saneado e sen débedas, en só oito meses de goberno do BNG co PSOE acabaron co remanente e xa tiveron que pedir un crédito bancario de 150.000 euros que terán que pagar dos seus petos todos os veciños de Samos a través de impostos”. E todo, “pola mala xestión deste bipartito”, remarca.

Os populares desmenten os bulos do bipartito sobre o préstamo para pagar a nova praza porque “xa quedara unha partida presupostaria aprobada en pleno pola anterior corporación” e que “xa debería estar pagada cos cartos que lles quedaron”.

“Desde a oposición preguntámonos se o préstamo bancario é para pagar a nova praza ou para pagar a subida do soldo da alcaldesa e as dietas polas viaxes das que presume nas redes sociais”. Segundo incide Gallego, “estes gastos tamén os terán que pagar os veciños vía impostos”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario