Elena Candia e membros da candidatura ás autonómicas por Lugo, Ethel Vázquez, alcaldes e portavoces da comarca de Becerreá comparten as preocupacións dos transportistas por este «abandono» que «repercute de forma moi negativa na seguridade de tódolos usuarios e no ámbito económico para o sector do transporte.
- Os populares reivindican «igualdade» para Lugo que para o resto de España: «que os nosos impostos se reinvistan en restablecer a seguridade e que as empresas e autónomos teñan un marco competitivo para traballar»
- Candia acusa ao PSOE de «poñer os intereses de Sánchez por diante dos lucenses e preocuparse só de contentar aos seus socios independentistas menosprezando ao BNG que lle dá o seu apoio a cambio de nada»
- A cabeza de lista ao Parlamento galego aposta pola «política dos feitos que se visualiza con exemplos concretos, mentres que outros só se dedican a prometer»
- «Fronte a este abandono e deixadez», os populares comprométense a «defender os intereses dos transportistas, traballar para reclamar a rede de autovías do Estado pendentes e seguir vertebrando dende o Goberno galego o interior de Galicia»